Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

02/10/2017   [00:10:00]   [5.74 MB]

Baleas azuis, de novo nas costas galegas

No pasado mes rexistráronse ata 4 avistamentos de balea azul nas costas galegas. Un feito histórico que suxire dúbidas sobre o achegamento do animal máis grande do mundo ao noso litoral. Alfredo López, biólogo da CEMMA e un dos avistadores de balea azul, explícanos por que se produce este achegamento e en que estado de conservación se atopa a especie hoxe en día.

29/09/2017   [00:10:00]   [5.76 MB]

Boletín informativo ambiental 29/09/17

Repasamos a actualidade ambiental de Galiza en 10 minutos. Se queres coñecela, só tes que premer....

27/09/2017   [00:10:00]   [9.16 MB]

A fórmula bottom-up, clave na xestión das reservas mariñas galegas

A fórmula do éxito de xestión das reservas mariñas de Lira e Cedeira hai que buscala nos primeiros momentos da súa creación. O antropólogo Duarte Fernández Vidal estuda os factores que foron claves na constitución destas reservas e que permitiron mudar o sistema tradicional de toma de decisións, máis xerárquico, menos participativo e onde a comunidade local se vía desprazada. Falamos co investigador para coñecer en que consiste o bottom-up e cal é a chave do éxito das reservas mariñas galegas.

25/09/2017   [00:10:00]   [5.76 MB]

Froxán e Santiago de Covelo, montes recoñecidos pola ONU como sostibles

Os montes veciñais en man común de Froxán (Lousame) e Santiago de Covelo veñen de ser admitidos polas Nacións Unidas como membros do rexistro ICCA. Este rexistro recoñece aqueles lugares ou territorios que foran xestionados ou recuperados de forma sostible e democrática por parte de pobos indíxenas ou comunidades locais. Estas dúas experiencias galegas son as primeiras en conseguir este distintivo no Estado español, e as terceiras en Europa. Falamos cos seus protagonistas.

22/09/2017   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 22/09/17

Damos un repaso a actualidade galega no terreo ambiental e da ecoloxía. Acompáñanos!

20/09/2017   [00:10:00]   [5.73 MB]

A actual xestión da uña de gato favorece a súa expansión

A actual xestión da planta invasora máis abundante da nosa costa, a uña de gato ou "Carpobrotus edulis", favorece a súa expansión. Isto é o que conclúe un estudo realizado pola Universidades de Compostela e de Vigo que propón un cambio nas formas de xestión desta planta exótica invasora tan presente nos ecosistemas dunares e costeiros de Galiza. O investigador principal deste traballo, Luis González, explica cal sería a mellor forma de enfocar o problema.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal