04/09/2017 [00:10:00] [5.73 MB]
Para os colectivos ecoloxistas representados no Padroado do Parque Nacional das Illas Atlánticas, o que acontece todos os veráns nas Illas Cíes, a masificacióin turística e a sobrevenda de billetes non cae de sorpresa. Desde 2011 veñen alertando ao Padroado e á Dirección do Parque da situación. Agora confían en que o problema se reverta e se aprobe dunha vez por todas o Plan de Xestión e Usos do Parque, o instrumento polo que se deberían regular as visitas. Advirten ademais da falta de regulación sobre o número de visitas que teñen as demais illas do Parque.
01/09/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
Voltamos con espazos actualizados sobre a ecoloxía e o medio ambiente galego! E como hoxe é venres toca repaso da actualidade ambiental da última semana. Benvidos/as a Radio CERNA!
28/07/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
Coñece as novas ambientais do país máis destacadas desta semana neste boletín informativo que precede un período de descanso de Radio Cerna. Este espazo radiofónico de ecoloxía e medio ambiente de Galiza volverá no mes de setembro. Ata entón non deixes de escoitarnos! Agardámoste!
26/07/2017 [00:10:00] [9.20 MB]
Rematamos a serie de espazos de Radio Cerna dedicados aos concellos galegos "libres de eucalipto" ou que teñen promovido nos últimos tempos accións destinadas a eliminar esta especie foránea do terreo municipal ou a substituíla por especies autóctonas. No espazo de hoxe abordamos a proposta do BNG para declarar Vilagarcía de Arousa libre de eucaliptos e a proposta que esta mesma formación apoiou en Bueu, concello que rexenta, malia ser formulada por outra formación, o Partido Son. O BNG dá conta da resposta recibida do Ministerio e da Comisión Europea ante a petición de incluír o eucalipto nos Catálogos de especies exóticas invasoras.
En resumo, os concellos galegos poden e deben tomar partido na xestión forestal de Galiza e nas políticas de prevención de incendios forestais. Exemplos como os que coñecemos nos últimos días demostran que é posible!
24/07/2017 [00:10:00] [5.75 MB]
Tamén algúns concellos rexentados por alcaldes socialistas se están animando a declararse "libres de eucaliptos". O concello de O Grove, con grandes extensións ocupadas por esta especie, vén de declararse como tal, co ánimo de ir reconvertendo progresivamente o monte do municipio á floresta autóctona, coa colaboración das comunidades de montes. Pola súa banda, o Concello de Ames impulsa a substitución de faixas de protección arredor das vivendas, mudando o solo ocupado por eucaliptos por especies arbóreas autóctonas e frutais.
21/07/2017 [00:10:00] [5.75 MB]
En pouco tempo, descubre o que aconteceu no medio ambiente galego na última semana!