05/07/2017 [00:10:00] [5.73 MB]
Os lumes de copa cada vez van ser máis frecuentes e intensos en Galiza. Un estudo do Centro de Investigación Forestal de Lourizán pon o foco no estudo dos lumes de copa relacionados con masas de piñeirais en Galiza e determina cales son as zonas con maior potencial do noso territorio para sufrir este tipo de fenómenos. Repasamos as conclusións deste estudo co seu autor, Chema Fernández.
03/07/2017 [00:10:00] [5.75 MB]
Nas últimas semanas, veñen sendo habituais nalgúns medios de comunicación informacións sobre trabaduras en Galiza de supostas víboras que acaban en ingresos hospitalarios. Mais, lonxe das apariencias, as mordeduras de víbora en Galiza adoitan ser casos moi excepcionais. O experto en hérpetos viperídeos, Fernando Martínez Freiría, móstranos a realidade das víboras no noso territorio e os riscos potenciais asociados á súa presenza.
30/06/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
Rematamos o mes facendo repaso da actualidade ambiental do país. Escoita e infórmate!
28/06/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
O Patrimonio Industrial Galego forma parte tamén do noso Patrimonio Cultural. A vindeira semana, expertos neste ámbito de Galiza e doutras partes do Estado, reuniranse no concello de As Pontes para debater sobre algúns aspectos sensibles e abertos ao choque de pareceres neste ámbito, como a propia definición do que é Patrimonio Industrial ou o impacto ambiental destes bens patrimoniais versus a súa preservación. Pode haber unha integración amable do Patrimonio industrial no territorio? Pode ser a actual grande industria patrimonio nun futuro? A Asociación Buxa desvélanos que temas someterá a reflexión o VII Congreso do Comité Internacional para a conservación e defensa do patrimonio industrial (TICCIH), do 5 ao 7 de xullo, nas Pontes.
26/06/2017 [00:10:00] [9.18 MB]
Hai 30 anos, Galiza era o mellor lugar do sur de Europa para atopar mexillón de río. Tras varias décadas, ese privilexio estámolo perdendo. A plataforma "Lugo de Cara ao Miño" organizou unhas xornadas de divulgación, entre outras, da especie Margaritifera margaritifera, a máis esquisita dos mexillóns de río. A investigadora principal do proxecto MarMaCul e profesora de zooloxía na USC, Paz Ondina, achéganos algunhas das singularidades da especie e dá conta dos resultados acadados no cultivo ex situ desta especie en perigo de extinción.
23/06/2017 [00:10:00] [5.73 MB]
Preme e escoita a actualidade ambiental galega en Radio Cerna!