Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

24/02/2017   [00:10:00]   [5.73 MB]

Boletín informativo ambiental 24/02/17

Repasamos en 10 minutos a actualidade ambiental de Galiza da última semana!

22/02/2017   [00:10:00]   [5.76 MB]

A loita polas fragas de Catasós continúa

A compañía eléctrica Gas Natural Fenosa recorre a sentenza do xulgado de Pontevedra que pon en dúbida a declaración de impacto ambiental do proxecto da liña de alta tensión que Fenosa pretende pasar pola fraga de Casas Vellas de Lalín, e para o que habería que botar abaixo unhas 2.000 árbores autóctonas. O fallo dálle a razón ao concello de Lalín que denega a autorización municipal para o paso da liña eléctrica por este espazo natural. Neste espazo, expresan o seu posicionamento ante os últimos acontecementos tanto representantes do Concello como da plataforma Salvemos Catasós.

20/02/2017   [00:10:00]   [5.74 MB]

Os produtores ecolóxicos e de indicación protexida fronte a couza da pataca

A praga da pataca non só afecta aos produtores para autoconsumo, tamén a producións de patacas para a comercialización e de carácter ecolóxico. A produción ecolóxica de Leticia Iglesias radica en Narón e pese a non ter a praga, verase obrigada tamén a arrincar as patacas. A produtora resalta o factor social da crise da pataca, a responsabilidade colectiva da expansión da praga e solicita maior atención e compensacioón para os produtores en ecolóxico. Os produtores de pataca con indicación xeográfica protexida tamén piden responsabilidade entre os produtores para autoconsumo.

17/02/2017   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 17/02/17

Escoita o boletín informativo ambiental desta semana en Radio Cerna!

15/02/2017   [00:10:00]   [5.75 MB]

Ramón Varela e os 40 anos de ecoloxismo de ADEGA

Neste espazo facemos un repaso á historia dos primeiros anos do ecoloxismo galego da man de ADEGA e de Ramón Varela, expresidente do colectivo, doutor en bioloxía e experto en contaminación atmosférica. Varela recibiu o premio Osíxeno de Honra 2016 pola súa traxectoria a prol da defensa ambiental de Galiza. Con el, retrotraémonos aos fitos ambientais dos anos 80 e 90.

13/02/2017   [00:10:00]   [0.00 KB]

As principais industrias do Estado responsables do Cambio climático

O Observatorio da Sostibilidade analiza o rexistro nacional de emisións de 2015 (o último) para sinalar aquelas industrias que máis inciden na mudanza climática no conxutno do Estado, pero tamén por comunidades autónomas. Tan só 10 empresas en España son responsables do 70% das emisións contaminantes fixas e que favorecen o cambio climático. Endesa destaca nesta lista. Galiza ocupa o terceiro posto estatal das principais comunidades contaminantes polas súas centrais térmicas, fundamentalmente.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal